Pestanas principais

O FC Meigas estará presente na fase final do campionato de España sub20 feminino de fútbol sala

Xoves, 10 de xaneiro de 2019

[10-01-2019] O vindeiro 9 de febreiro a selección galega disputará en Madrid o primeiro partido da fase final do campionato de España feminino de fútbol sala sub20. Nas semifinais enfrontarase ás xogadoras de Andalucía nun partido que terá lugar no Pavillón da Cidade do Fútbol das Rozas, en Madrid. Diego Montero, coordinador deportivo do FC Meigas, forma parte da corporación técnica da selección galega.

A selección galega feminina de fútbol sala sub20 proclamouse o pasado sábado primeira do seu grupo na fase previa do campionato de España, despois do partido xogado contra o equipo da Comunidade de Madrid en Lugo. Esta vitoria clasifica ao equipo galego para a fase final, onde se enfrontará á selección andaluza en semifinais o vindeiro 9 de febreiro no Pavillón da Cidade do Fútbol das Rozas. Tamén se clasificaron para esta última fase as seleccións de Cataluña e Murcia.

Así, o equipo galego prosegue un campionato no que o seu xogo está a ser impecable, con dúas vitorias nos dous partidos xogados, nos que se enfrontaron coa selección de Ceuta, cun resultado de 6-1, e coa Comunidade de Madrid, 3-2.

A representación amesá neste campionato está marcada pola presencia de Diego Montero, coordinador deportivo do FC Meigas, que acompaña á selección de Galicia como membro do corpo técnico.



Contido relacionado


Compostela 24 horas: "O FC Meigas estará presente na fase final do campionato de España sub20 feminino de fútbol sala"