Pestanas principais

Aprázase para o 22 de setembro a segunda edición da Andaina-Carreira da Familia do Concello de Ames

Venres, 22 de xuño de 2018

[22-06-2018] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, informa de que queda aprazada para o 22 de setembro de 2018 a segunda edición da Andaina-Carreira da Familia, prevista para este sábado, 23 de xuño, a partir das 11:00 horas, no aparcadoiro da Travesía do Porto, no Milladoiro.

O formato da actividade non cambiará. Será un evento solidario, que estará organizado polo Concello de Ames a través da Concellaría de Deportes, e destinará o diñeiro recadado mediante as inscricións á Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG). Esta iniciativa tamén estará promovida polo club de atletismo MillaRaio e pola Federación Galega de Atletismo. Abrirase un novo prazo para inscribirse do que se informará a través da páxina web municipal.