[17-04-2018] O instituto do Milladoiro acolleu este martes, 17 de abril, a realización da V Xornada Gastronómica Francesa e de Cociñas do Mundo, na que participou maioritariamente o alumnado do centro coa preparación e degustación de diferentes pratos. A xornada incluíu a celebración dun concurso con tres categorías diferentes: pratos elaborados polo alumnado, pratos elaborados polo alumnado procedente doutros países e pratos elaborados polo profesorado. Nas dúas primeiras categorías os premios foron cheques canxeable por libros ou material escolar. A Xornada Gastronómica Francesa e de Cociñas do Mundo estivo organizada polo departamento de Francés do centro.
A V Xornada Gastronómica Francesa e de Cociñas do Mundo tivo lugar este mércores, 17 de abril, no IES do Milladoiro. Nela participou un gran número do alumando do centro, coa realización de receitas facilitadas polas profesoras do departamento de Francés ou procuradas na internet. Os pratos foron expostos ao longo da mañá no centro, para que tanto o xurado como o alumando puidese degustalas.
A celebración da Xornada incluíu un concurso de cociña con tres categorías diferentes. A categoría A englobou os pratos franceses elaborados polo alumnado, con dous premios de 15 e 10 euros, respectivamente, para pratos doces e un primeiro premio de 15€ para un prato salgado. A categoría B incluíu as comidas típicas doutras latitudes elaboradas polo alumnado. Esta categoría premiou un único prato, doce ou salgado, con 10 euros. A última das categorías valorou as receitas feitas polo profesorado do centro, tanto francófonas, como galegas ou doutras partes do mundo. Os premios ao alumando poderán ser canxeados por libros ou material escolar.
Na categoría reservada ás receitas de cociña francesa os gañadores foron Iván Iglesias, Ephem Canal e Carlos Lago de 2º da ESO, que obtiveron o 1º premio de prato doce coa realización dun Galette des Rois. Os alumnos Mario Cabo e Juan Franco, de 1º de Bacharelato, obtiveron o segundo premio cun Gateau au Chocolat et Framboises. A receita Quiche Lorraine, realizada polos alumnos de 1º ESO Laura Nieto e Xosé Tosar, obtivo o primeiro premio de prato salgado nesta categoría. Pola súa banda, na categoría de cociñas do mundo, sobresaíu a sobremesa Terra Italiana elaborada polo estudante de 1º de Bacharelato Uxío López. Pilar Mirón, profesora de inglés do centro, acadou o premio destinado ao profesorado cunha torta de chocolate.
O xurado encargado de escoller os mellores pratos estivo conformado por profesorado e persoal non docente. Pola súa banda, o xurado responsable de valorar os pratos feitos polas profesoras e profesores do centro estivo composto polo alumnado. Os premios serán outorgados o luns, 23 de abril, durante o segundo recreo.