Pestanas principais

O goberno municipal presenta o proxecto técnico de arranxo da urbanización do PM5-03 que se atopa entre a avenida de Rosalía de Castro e a a rúa Costa Grande do Milladoiro

Xoves, 09 de novembro de 2017

[09-11-2017] O goberno municipal presentou este xoves, 9 de novembro, no local social de JUPEMI, ante un grupo de 40 veciños/as, o proxecto técnico de arranxo da urbanización do PM5-03 do Milladoiro. Deste xeito, trátase de regularizar a situación irregular dunhas 200 vivendas que se atopan entre as rúas Figueiras e da Moa e entre a avenida de Rosalía de Castro e a a rúa Costa Grande. A arquitecta municipal, Marta Bellas, e mailo arquitecto que redactou o proxecto de obras que se van a executar, David Fernández, explicáronlle aos veciños/as afectados/as os traballos que se fan a realizar.


A remodelación proposta supón principalmente acadar o cumprimento da obriga de accesibilidade á referida zona verde. Para o financiamento desta obra o Concello incautou avais por valor de 356.818,30 euros. Coa aprobación deste proxecto poderase abrir un proceso de licitación para adxudicar as devanditas obras. Estes bloques de vivenda (unhas 200 vivendas) están sen recibir por parte do Concello e polo tanto as vivendas non contan con licenza de primeira ocupación. Trátase de arranxar unha vella reclamación da veciñanza deste lugar do Milladoiro. A xuntanza mantida no local social de JUPEMI asistiron un grupo de 40 veciños/as afectados por esta situación.

Uso real da zona axardinada
A través das obras que se van a realizar preténdese abrir os espazos verdes que están pechados polos bloques de vivendas que lindas coas rúas Costa Grande e Figueiras, así como coas Travesías Rosalía de Castro e da Moa. Esta zona está sen recibir por parte do Concello de Ames xa que os accesos a ditos espazos públicos non cumpren a normativa vixente ao non ser accesible.

O obxectivo é anchear os accesos existentes e crear tres plataformas de acceso con ramplas que cumpran a normativa. Ademais, haberá que reconfigurar a rede de pluviais, sacar as luminarias e volver a colocalas, etc. O obxectivo é converter este espazos público nunha praza accesible e de cara ao futuro dotalo dos elementos de mobiliario urbano necesarios.

O proxecto de construción de ditos bloques de vivendas foi aprobado no ano 2003. Posteriormente, en 2005 os promotores da obra solicitaron a súa recepción, pero as obras non foran executadas tal e como marcaba o proxecto, polo que se lle requiriu á empresa promotora que realizaran as obras necesarias para adaptar os bloques de vivendas ao que marcaba o proxecto. A pesar de executar estas obras continuou sen adaptarse ao proxecto, polo que o Concello fixo unha incautación de avais por valor de 532.000 euros. A empresa promotora denunciou ao Concello e en 2011 saíu a sentenza que foi favorable ao intereses da Administración local.

En 2015 coa entrada do actual goberno realizáronse varias reunións cos veciños/as deste lugar para tratar de resolver unha situación que leva estando de xeito irregular dende hai máis de 10 anos. Dito sector está plenamente desenvolvido tanto a nivel de edificación como de urbanización, pero presenta diversas deficiencias, sendo unha delas o incumprimento da normativa en materia de accesibilidade. Así as obras que haberá que executar para paliar ditas deficiencias consisten na remodelación dunha ampla zona verde pública xunto cos seus accesos e superficies adxacentes de uso público.

O alcalde de Ames, José Miñones, agradeceu a paciencia dos veciños e veciñas afectados/as e explicou que “a través do proxecto que estamos presentado vaise a recuperar un importante espazo verde para uso e desfrute da veciñanza do Milladoiro. Vanse a realizar diversas obras para eliminar as barreiras arquitectónicas que limitan o acceso a dito espazo, e ademais, vanse a construír diversas plataformas con ramplas como puntos de acceso”.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "El Concello regularizará 200 pisos de Milladoiro construidos en el 2004"
El Correo Gallego: "Regularizan 200 pisos de Milladoiro y proyectan una gran plaza entre bloques"
Lindeiros: "Ames afronta a remodelación do PM5-03 no Milladoiro"