[09-11-2017] O vindeiro luns, 13 de novembro, o salón de plenos do Concello de Ames acollerá unha conferencia, ás 19:30 horas, acerca das mudanzas que presenta a nova Lei de Autónomos. A conferencia, que será impartida pola licenciada en Ciencias Económicas, consultora de empresas e formadora, Begoña Fernández, encádrase dentro do Vives Emprende. Un programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo, que está organizado polo Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica e en colaboración coa asociación Acción contra a Fame. A conferencia está dirixida a persoas emprendedoras e empresarias autónomas.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica e en colaboración coa entidade solidaria Acción contra a Fame, organiza para o vindeiro luns, 13 de novembro, unha conferencia sobre a nova Lei de Autónomos (Lei 6/2017 de Reformas Urxentes do Traballo Autónomo). Esta actividade, que está dirixida a persoas autónomas e emprendedoras, terá lugar no salón de plenos do Concello de Ames, a partir das 19:30 horas.
A conferencia será impartida pola licenciada en Ciencias Económicas, consultora de empresas e formadora, Begoña Fernández. Falarase das novidades fiscais e laborais que presenta a nova lei. Sobresaen a ampliación da tarifa plana, a mellora na conciliación familiar e laboral, as mudanzas na contratación de familiares, as modificacións nas altas e baixas e na elección das bases de cotización, a compatibilidade entre traballo e pensión de xubilación e os cambios nas deducións fiscais.
Contido relacionado

Lindeiros: "Conferencia en Ames, sobre a nova Lei de Autónomos"




