Pestanas principais

Aula de informática do Milladoiro-Inscríbete no obradoiro para aprender a crear e usar unha conta de correo electrónico

Mércores, 08 de marzo de 2017

[08-03-2017] A aula de informática do Milladoiro informa de que aínda quedan prazas dispoñibles no obradoiro para aprender a crear e usar unha conta de correo electrónico. Esta actividade, que está dirixida a persoas maiores de 14 anos de idade, impartirase en dúas quendas os días 13, 16 e 20 de marzo. Unha de mañá, entre as 10:00 e as 11:30 horas, e outra de tarde, que terá lugar entre as 18:00 e as 19:30 horas. Para cada unha das quendas ofértanse 10 prazas. Esta actividade terá unha duración de 4,5 horas.

As inscricións poden facerse de xeito presencial, en horario de Aula Aberta, de luns a xoves de 16:00 a 20:00 horas, e os venres de 9:30 a 13:30 horas. Tamén se poden tramitar as inscricións nestas actividades de forma telemática. Para iso hai que enviar un correo electrónico ao enderezo informatica.milladoiro@concellodeames.gal axuntando o impreso de solicitude que se pode obter premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas.

As prazas cubriranse por orde de inscrición. Terán preferencia as persoas que non participaron nas mesmas actividades en trimestres anteriores. Para inscribirse é preciso estar empadroado no Concello de Ames e para que se formen os grupos é necesario un mínimo de sete persoas inscritas. Calquera persoa que desexe máis información poderá obtela directamente na Aula de Informática, enviando un correo electrónico ao enderezo informatica.milladoiro@concellodeames.gal ou chamando ao teléfono 981 535 940.