[15-02-2016] O Concello de Ames e a Dirección Xeral de Tráfico colaboran na campaña especial de vixilancia e control de camións e furgonetas que se desenvolverá do 15 ao 21 de febreiro de 2016. O obxectivo desta campaña é controlar aos vehículos de transporte de mercadorías nos seguintes aspectos: velocidade, alcol e drogas, uso do cinto de seguridade, horas de condución e descanso, tacógrafo, exceso de peso, seguridade da carga transportada, documentación do vehículo e condutor e defectos técnicos do vehículo. Unha vez rematada a campaña, o Concello de Ames terá que enviarlle un informe sobre os resultados obtidos na devandita campaña á Xefatura Provincial de Tráfico.
En virtude do convenio bilateral básico asinado entre o Concello de Ames e a Xefatura Central de Tráfico, a Policía Local colaborará nesta campaña que se vai desenvolver entre hoxe, 15 de febreiro, e o vindeiro domingo 21.
Segundo informa a Dirección Xeral de Tráfico o 68% do parque de vehículos de España está composto de turismos, pero o transporte de mercadorías (camións e furgonetas) ten un peso moi importante no que a seguridade viaria se refire, xa que representa o segundo tipo de vehículos máis numeroso que circula polas estradas españolas (o 15% do total do parque).
A pesar de que o número de usuarios/as de furgoneta falecidos reduciuse en 24 persoas pasando dos 92 en 2014 aos 68 de 2015, segundo a Dirección Xeral de Tráfico é preciso seguir realizando este tipo de campañas.
Este dato, unido a un maior índice de letalidade no caso de accidentes con vehículos de mercadorías de máis de 3.500 kg, leva á Dirección Xeral de Tráfico a pór en marcha, unha nova campaña de vixilancia e control de camións e furgonetas. Deste xeito, durante esta semana, os axentes da Policía Local de Ames controlarán furgonetas e todo tipo de camións, independentemente do país no que estean matriculados.
A vixilancia e o control realizarase tendo en conta aspectos tales como a velocidade á que circulan, as horas de condución e descanso, o tacógrafo, o exceso de peso, os defectos técnicos do vehículo, a seguridade da carga transportada, a documentación do vehículo e condutor, o uso do cinto de seguridade por parte do condutor e dos ocupantes, a condución baixo os efectos do alcol ou as drogas, a utilización do teléfono móbil, etc.
Contido relacionado
La Voz de Galicia:"Los camiones y las furgonetas, en el punto de mira en Ames"
El Correo Gallego:"Controles al transporte y anotaciones para el concilia Primavera lúdica"