Pestanas principais

Procedemento para a utilización dos locais socioculturais xestionados polo Concello

Mércores, 28 de outubro de 2015

[28-10-2015] Co obxectivo de poñer a disposición da veciñanza os locais públicos de xestión municipal e de axilizar a súa reserva, o goberno municipal, a través da concellaría de Educación e Cultura, publica o procedemento para que particulares e asociacións poidan acceder con facilidade á concesión temporal destes espazos. Na actualidade o Concello de Ames xestiona 10 espazos socioculturais: as Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro, o Pazo da Peregrina e os locais sociais de Agrón, Biduído, A Tarroeira (Ortoño), Augapesada, Cruxeiras, Piñeiro e Trasmonte. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o formulario que se debe cumprimentar para poder acceder a estes locais.

Os interesados/as poden descargar directamente o documento, imprimilo e entregalo nos rexistros municipais na Casa do Concello en Bertamiráns, nas Oficinas Municipais do Milladoiro ou no departamento de Educación, no Pazo da Peregrina, ou ben escanear ou enviar unha imaxe co documento cuberto e envialo ao correo electrónico: administracion.cultura@concellodeames.org