[14-10-2015] A Escola Infantil Municipal O Bosque está celebrando durante o mes de outubro a chegada do outono e un dos mellores xeitos de festexala é facendo a vendima. As uvas están sendo as protagonistas neste centro de ensino durante estas semanas. Os nenos e nenas de 2 a 3 anos recolleron as uvas que anteriormente trouxeran as súas familias da casa. Posteriormente, os rapaces e rapazas seleccionaron e estrugaron as uvas recollidas para extraer o seu zume. Por último, os nenos/as tomaron un zume de uva que a cociñeira tiña preparado para a ocasión. Esta actividade encádrase dentro da programación anual da Escola infantil municipal O Bosque para o curso 2015-2016.
Durante o primeiro trimestre o alumnado da Escola Infantil Municipal O Bosque está desenvolvendo diversas actividades relacionadas coa chegada do outono. Unhas destas actividades está relacionada coa vendima. Os nenos e nenas de 2 a 3 anos estiveron traballando coas uvas que trouxeron as súas familias da casa. Deste xeito, as profesoras ensináronlle a recoller as uvas, sacarlle a pel e estrugalas para obter o zume de uva. Os rapaces e rapazas empregaron as súas mans e outros utensilios para estrugar as uvas.
Aínda que recolleron todo o zume en xerras, eles tomaron un zume de uva que a cociñeira tiña preparado para a ocasión. Aos nenos/as encantoulles a experiencia. Participaron nunha vendima moi especial e pasárono moi ben. Coma sempre, os pais e nais terán na entrada do centro unha ampla reportaxe fotográfica para que cando veñan a recoller os seus fillos/as poidan ver o resultado da actividade. A vendima forma parte do extenso programa formativo e de actividades para a infancia que desenvolve a Escola Infantil Municipal O Bosque.
Contido relacionado
La Voz de Galicia: "La vendimia entra en la escuela infantil"
El Correo Gallego: "Alumnos da escola infantil O Bosque veñen de recibir ao outono cunha vendima"




