Xoves, 17 de setembro de 2015
[17-09-2015] O espectáculo “Os Bolechas na máquina do tempo” estará en Milladoiro o 27 de setembro de 2015. O espectáculo é de balde pero hai que reservar entradas. A reserva pódese facer do luns 21 ao venres 25, das 9.00 h ás 14.00 h, no teléfono 662 377 215 ou no correo electrónico normalizacion@concellodeames.org. Reservaranse, como máximo, 4 entradas por persoa. As entradas reservadas recolleranse, na Casa da Cultura do Milladoiro, o día da función das 11.30 h ás 12.00 h. As reservas quen non se recollan nesta franxa horaria poñeranse a disposición do público que se achegue ese día á Casa da Cultura.




