Pestanas principais

Preto de 150 nenos/as participan nos cursos de natación e de piragüismo que organizou para este verán o Concello de Ames

Xoves, 20 de agosto de 2015

[20-08-2015] As piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro acollen durante os meses de xullo e agosto varios cursos de natación. Un total de 118 nenos e nenas inscribíronse nestes cursos. En xullo houbo 60 usuarios/as, mentres que en agosto están participaron 58 rapaces e rapazas. Ademais, o Concello de Ames tamén organizou un curso de iniciación ao piragüismo para os meses de xullo e agosto, que se está desenvolvendo na praia fluvial de Tapia. Esta actividade, na que participan 30 nenos/as, está sendo impartida polo Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre e conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

Un total de 118 rapaces e rapazas amesáns participan este verán nas clases de natación que se imparten durante os meses de xullo e agosto nas piscinas descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro. Ademais de gozar da auga, os rapaces e rapazas aprenden a nadar ou perfeccionar o seu estilo. Este programa está dedicado a ocupar o tempo de lecer dos nenos e nenas durante as vacacións do verán.

Durante o mes de xullo un total de 60 nenos e nenas participaron nestes cursos. Cubríronse 25 prazas en Bertamiráns e 35 no Milladoiro. Por outra banda, no mes de agosto hai 58 inscritos/as (32 usuarios/as apuntáronse nos cursos de Bertamiráns e 26 no Milladoiro). Dende a concellaría de Deportes valoraron de xeito moi positivo o desenvolvemento destes cursos que contan cun bo porcentaxe de participación.

Nestes cursos hai diferentes horarios dependendo da idade dos participantes. Deste xeito, os maiores de 12 anos asisten ao curso de 10:30 h a 11:15 horas. Aos rapaces de 10 a 11 anos tócalles a segunda quenda, de 11:15 h ás 12:00 horas. De 12:00 h á 12:45 horas desenvólvese a terceira quenda, á que asisten os rapaces de 8 a 9 anos, e de 12:45 h a 13:30 horas van os nenos e nenas de 6 a 7 anos. A última quenda resérvase para os máis cativos, de entre 3 e 5 anos, e lévase a cabo de 13:30 h a 14:15 horas.

Curso de iniciación ao piragüismo
Por outra banda, o Concello de Ames tamén organizou un curso de iniciación ao piragüismo para os meses de xullo e agosto, que se está desenvolvendo na praia fluvial de Tapia. Esta actividade, na que participan 30 nenos/as, está sendo impartida polo Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre e conta coa colaboración da Deputación da Coruña. Este curso está dirixido a todos os nenos e nenas de 8 a 14 anos que queren iniciarse ou perfeccionar a súa técnica no piragüismo. As clases impártense os luns, mércores e venres, en horario de 16:30 h a 17:30 horas.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Cerca de 150 amienses se apuntaron este año a cursos de natación y piragüismo"