[07-05-2015] Durante o mes de abril a Escola Infantil O Bosque de Bertamiráns organizou unhas xornadas de portas abertas dirixidas aos pais e nais do alumnado. Esta iniciativa, que se realiza todos os anos ao final de curso, serve para que os pais poidan observar como se desenvolve o seu fillo na escola, como se relaciona cos seus compañeiros e coa súa profesora. Ademais, os adultos deben levar unha proposta para realizar cos máis pequenos.
Nos grupos de 0-1/ 1-2 as actividades incluíron xogos con globos, pompas de xabón, repostería e contos. Os de 2 a 3 anos xogaron a coñecer as distintas profesións.
Dende a Escola Infantil O Bosque destacan a alta participación dos pais e agradecen a súa implicación nestas xornadas, que remataron cunha entrega de diplomas.




