Venres, 24 de abril de 2015
[24-04-2015] O Concello de Ames informa de que xa están expostas as listas provisionais de admitidos e excluídos do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de educadores/asistentes para as escolas infantís do Concello, actualmente O Bosque e A Madalena. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar estas listas. O prazo para a subsanación de documentación remata o vindeiro 7 de maio de 2015.




