Pestanas principais

O Concello de Ames amplía a prestación do servizo municipal de axuda a domicilio

Xoves, 09 de abril de 2015

[09-04-2015] O pasado mes de marzo a Xunta de Galicia aprobou a adxudicación ao Concello de Ames de 526 novas horas para prestar o servizo de atención a persoas dependentes. Ata o de agora, con este programa municipal de axuda a domicilio atendéronse un total de 39 persoas.

Tras esta recente concesión o alcalde de Ames, Santiago Amor, destaca que “se poderá reforzar o programa e ampliar a súa prestación a unhas cinco persoas que actualmente están en lista de agarda”.  

O servizo de axuda a domicilio atende a persoas que necesitan axuda para realizar actos tan cotiás como levantarse, vestirse ou deitarse. Tamén se ofrece apoio no coidado e na hixiene persoal, no control do réxime alimentario, na administración de fármacos ou no mantemento da salubridade e hixiene da vivenda.  

O programa inclúe, ademais, actividades de acompañamento e socialización do beneficiario, atención a distancia mediante dispositivos de teleasistencia ou adaptacións funcionais do fogar ás súas necesidades.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "El servicio de ayuda en el hogar amiense llegará a cinco nuevos usuarios"