Pestanas principais

Ames inicia unha campaña de hixiene pública, lembrando a obriga de recoller os excrementos de cans

Mércores, 11 de marzo de 2015

[11-03-2015] O Concello de Ames acaba de iniciar unha campaña para sensibilizar sobre a importancia de recoller os excrementos caninos. Con este fin, as clínicas veterinarias repartirán de xeito gratuíto 700 expendedores en forma de óso con bolsas para as feces e dípticos informativos para os donos dos cans.

A finalidade desta iniciativa é que os propietarios dos animais se responsabilicen das súas obrigas e manteñan as rúas e os parques limpos e en bo estado. Os folletos recollen unha serie de consellos relativos aos coidados das mascotas e lembran que existen moitas enfermidades que se transmiten polas feces dos animais. Tamén se inclúe un recordatorio do que implica a tenza responsable dunha mascota.  

O  Concello pide a colaboración cidadá para que Ames sexa un municipio “máis limpo e libre de focos de insalubridade” e recorda que o incumprimento desta norma pode supoñer sancións de entre 100 e 500 euros. Os animais deben ir atados con correa nas vías públicas e é obrigatoria a implantación do microchip. Ademais, o dono dun can de raza perigosa debe solicitar unha licenza municipal e inscribilo no Rexistro de Animais Potencialmente Perigosos.   

Centros de recollida de expendedores de bolsas
Os veciños de Ames poderán recoller de maneira gratuíta en diferentes centros veterinarios o expendedor de bolsas para as feces dos seus cans. Os establecementos colaboradores en Bertamiráns son Mundo Vivo -Avda. da Maía, 50-, Saudevet -Agrelo, 4- e Zoolandia -Plaza da Maía, 4-. No Milladoiro estarán dispoñibles en Hospican -Rosalía de Castro, 31-, A Lúa -Besada, 1- e no Centro Veterinario Novo Milladoiro -Palmeiras, 19-.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "El Concello amiense abre una campaña para evitar heces de animales en la calle"