Pestanas principais

Vota polo grupo amiense Maianas 2.0 que participa no concurso Vas sacar nota 2014 da Radio Galega

Martes, 26 de agosto de 2014

[26-08-2014] Maianas 2.0 é o novo proxecto musical do grupo de pandereteiras As Maianas. Este grupo amiense está participando no concurso Vas sacar nota, organizado pola Radio Galega, coa canción "Sabes?". As persoas que desexen votar por esta canción poderano facer a través da internet, sms ou teléfono. A fase de votacións deste concurso estará aberta ata este xoves 28 de agosto. Este é o terceiro ano consecutivo no que este grupo musical de Ames participa neste concurso. Cómpre destacar que na edición de 2012 acadaron o premio do xurado coa canción "Xa te olvidaches de min".

Nesta ocasión, As Maianas participan no concurso Vas sacar nota coa canción 'Sabes?'. A fase de votacións deste concurso estará aberta ata o día 28 de agosto. As votacións poden facerse a través de internet, sms ou teléfono. As persoas que desexen votar por esta canción poderano facer entrando no enlace http://blogs.crtvg.es/vas-sacar-nota/. Nesta web pódese atopar máis información sobre o concurso Vas sacar nota 2014. Ademais, tamén se pode votar a través do correo electrónico. É importante saber que só se pode emitir un voto cada 24 horas.

Para votar polas Maianas 2.0 tamén se pode enviar un sms co texto NOTA (espazo) 7 ao número 25211ou chamar á Radio Galega. Polas mañás hai que chamar (981 540 956 /981 540 966) ao programa Galicia por diante, entre as 12:15 e as 12:45 horas aproximadamente, mentres que polas tardes hai que chamar (981 540 979/981 540 989) ao programa A tarde a partir das 18:30 horas.

Maianas 2.0
Maianas 2.0 é o novo proxecto musical do grupo de pandereteiras As Maianas. Tras sete anos percorrendo os escenarios e festas galegas, dous traballos discográficos ('Xota da Amaía' e 'Como canta') e colaboracións con recoñecidos grupos da nosa música, Maianas 2.0 é un paso adiante para introducirse de cheo no folk.

O grupo conta cunha nova composición que mantén a identidade das pandereteiras, que son Ruth Cancela, Lidia Gallas, Cruz Negreira, Irene Nieto, Ainoa Raya e Inés Suárez. Deste xeito, incorpóranse tres músicos cunha ampla formación e longa traxectoria, que arranxan musicalmente as pezas e introducen os novos instrumentos. Son Xulio Abal á guitarra; Sandra López á batería e demais instrumentos de percusión; e David Valladares ao vento co clarinete, o saxo ou a frauta.

As pezas de Maianas 2.0 son unha reinterpretación ao folk dos temas propios das pandereteiras, recuperando tamén algunha melodía tradicional. A formación estreouse enriba do escenario o pasado 15 de marzo, no VI Festival da Maía, onde tivo unha moi boa acollida por parte do público.

Este é o terceiro ano consecutivo no que este grupo musical de Ames participan neste concurso. Cómpre destacar que na edición de 2012 acadaron o premio do xurado coa canción 'Xa te olvidaches de min'. No ano 2013 tamén participaron neste concurso coa canción 'Vaite co vento'.