[05-05-2014] Este sábado pasado o pavillón polideportivo de Bertamiráns acolleu a quinta edición do campionato de patinaxe artística que se celebra dentro do programa das Escolas deportivas do Concello de Ames. O V encontro de patinaxe reuniu a 250 participantes pertencentes ás Escolas deportivas de Ames. Durante a mañá competiron as/os patinadoras/es dos niveis 1 e 2, mentres que pola tarde desenvolveuse a competición para as/os patinadoras/es dos niveis 3, 4, 5, 6 e 7. Ademais, houbo exhibicións por parte da patinadora profesional Nadia Iglesias de Salvador e do Club deportivo La Salle. O alcalde de Ames, Santiago Amor, a concelleira de Deportes, María Eugenia Martín, e o concelleiro de Educación e Xuventude, Bernardo Moar, foron os encargados de realizar a entrega de premios ós gañadores/as.





A sesión de tarde comezou ás 16:30 horas. Entre as 16:30 h e as 18:30 horas competiron as rapazas e os rapaces dos niveis 3 e 4. A continuación as/os patinadoras/es do Club deportivo La Salle realizaron unha exhibición. Tras esta actuación que non entrou en concurso, saíron a pista as/os patinadoras/es dos niveis 5, 6 e 7. A competición rematou arredor das 20:00 horas. Antes de finalizar actuou Nadia Iglesias de Salvador, que volveu a realizar outra exhibición para pechar o V campionato de patinaxe artística das Escolas deportivas.
Entre as 20:30 h e as 21:00 horas realizouse a clausura do torneo coa entrega de trofeos. O alcalde de Ames, Santiago Amor, a concelleira de Deportes, María Eugenia Martín, e o concelleiro de Educación e Xuventude, Bernardo Moar, foron os encargados de realizar a entrega de premios ós gañadores/as. Ademais, o Concello de Ames entregoulle un obsequio a Nadia Iglesias e ao Club deportivo La Salle pola súa colaboración neste evento deportivo.
Ademais da participación das/os patinadoras/es das escolas deportivas do Concello de Ames, houbo varias exhibicións por parte de Nadia Iglesias de Salvador, que é campioa galega de patinaxe, quedou cuarta clasificada no campionato de España na categoría cadete, e obtivo a cuarta posición na Copa de Europa de patinaxe artística, e do Club deportivo La Salle.
O V campionato de patinaxe artística das Escolas deportivas do Concello de Ames tivo un gran éxito de participación e de público. Foron moitos os veciños e veciñas que se achegaron ao longo de todo o día ata a localidade de Bertamiráns para ver este espectáculo. Nesta edición participaron arredor de 250 patinadores/as das escolas deportivas de Ames, así como do Club deportivo La Salle que realizaron unha exhibición. A patinadora profesional Nadia Iglesias de Salvador tamén participou neste evento realizando varias exhibicións.
O evento comezou ás 9:15 horas, no pavillón de Bertamiráns, coas exhibicións dos grupos de iniciación. Ao longo da mañá realizáronse as competicións individuais dos niveis 1 e 2, terminando cun descanso ás 13:15 horas. A continuación, houbo unha exhibición da patinadora profesional Nadia Iglesias de Salvador. A sesión da mañá pechouse coa entrega de trofeos.




