[06-11-2013] O Concello de Ames informa de que co fin de proceder á elección de xuíz/a de paz substituto/a deste municipio, en cumprimento do establecido na Lei orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do poder xudicial, ábrese a convocatoria para a elección de xuíz/a de paz substituto/a do Concello de Ames. Todas as persoas que estean interesadas en participar nesta convocatoria deben presentar as súas solicitudes nun prazo de quince días hábiles contados a partir da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Este anuncio tamén se publicará nos xornais El Correo Gallego e La Voz de Galicia, no taboleiro de anuncios e na páxina web municipal. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o devandito anuncio.




