Pestanas principais

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este venres o concerto de Entroido da Escola Municipal de Música de Ames

Mércores, 06 de febreiro de 2013

[06-02-2013] Como soe ser habitual durante os últimos anos o alumnado da Escola Municipal de Música de Ames ofrece un concerto de Entroido por estas datas. Esta actividade terá lugar este venres, 9 de febreiro, a partir das 19:30 horas no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Os alumnos e alumnas da EMMA interpretarán un total de 27 pezas de varios estilos musicais en piano, frauta, guitarra, saxofón, violín e percusión. Ademais, actuarán os grupos de canto e de combo. A través deste concerto preténdese gozar coa música ao tempo que os alumnos e alumnas da escola demostran o que aprenderon dende o comezo do curso.

O programa do recital inclúe versións de temas clásicos ademais de partituras pop, bandas sonoras de cine e outras sorpresas que marcarán o inicio musical do Entroido en Ames. O concerto articularase a partir de 27 momentos musicais, o primeiro dos cales estará protagonizado polo alumnado de música e movemento que interpretarán o tema “Cosquillas” do grupo Cantajuegos. A continuación, actuarán os pianistas Pedro Picón, María Gallego e Brais Cantorna, que interpretarán respectivamente as pezas “Canon” de Pachelbel; “Conversación al fondo” e “Quiet Room”.

De seguido virá a quenda da agrupación de frautas, composta por Sabela Novoa, Paula Merelles e Ana Enríquez, que interpretarán “Minuetto” de James Hook. Tralas frautas sairán os escenario os guitarristas Henok Martínez, Javier Abel e Óscar Suárez que tocarán respectivamente os temas “El patio de mi casa”; “Nothing else matters”, e “Stairway to heaven” de Led Zeppelin.

Pola súa banda, os estudantes de saxofón actuarán en agrupacións e de xeito individual. Primeiro sairá a escena un grupo formado por Ángel Sánchez Nimo, Antón Riveiro Alonso e Álvaro Vidal Rivera, que interpretarán o Himno da alegría de Ludwig Van Beethoven. A continuación actuará outro grupo composto por Álex Méndez Fernández, Mara Riveiro Alonso e José Luis Bao Valiño que tocarán a peza “Up Beat” de Colin Cowles. Despois será a quenda de Juan Alfredo Martínez Pereiro e David Ramón Paz Ferreira que interpretarán “Why34?” e “As she like it”, ambos os dous temas de Jean Marc Allerme.

A agrupación de violíns, que estarán composta por Lía Vázquez Lameiro , Andrés Álvarez Carou, Irene Adán Barrientos, Iria Guimil Fuentes, Guillermo Guimil Fuentes e Cristina Rodríguez Varela, ofrecerán a súa versión de “Bésame Mucho” e “La Vida es Bella”. Seguirán os alumnos de percusión Mateo Raíndo e Xián Ardións coa interpretación de “Mamma mía”.

Haberá tamén tempo para escoitar a orquestra de frautas que estará composta por Nerea Montes, Iria Dorrego, Xabier Antón González, Javier Rouco, Sara Millán, Sara Olmo, Sergio García, Andrea Riveiro, Leire Gallego, Manuel Anxo Cabañas, Antón Suárez, Uxía González, Ana Trespaderne e Natalia Lorenzo. Estes rapaces e rapazas interpretarán os temas “Seguidillas de Carlet” e “Gavotte de la suite orquestal 3” de Johann Sebastian Bach.

Tributo a Whitney Houston
O alumnado de canto realizará un tributo á cantante americana Whitney Houston, que faleceu no pasado mes de febreiro de 2012. Marta Costoya e Rebeca Soliño acompañadas polo coro e alumnos de canto cantarán os temas “All the man that I need” e “The greatest love of all”.

Tamén se poderán escoitar versións de temas pop. Sara Millán versionará o tema “Rosas” de La Oreja de Van Gogh; Carmen Castro cantará “Cuando no estás” de Maria Isabel; Paula Barral atreverase co tema “Diamonds” de Rihanna; e Celia Proupin e Maite Pellegrino interpretarán “Me haces tan feliz”.

No último tramo do recital, participarán o coro de voces e os grupos de combo. O coro catará “Hoy quiero aprender”. Estará acompañado ao piano por Mariña. Por outra banda, o coro de voces, o grupo de Música para Adultos e o grupo de Combo interpretarán o tema “El condor pasa”.

As últimas actuacións do concerto serán a cargo dos grupos de Combo. Primeiro actuarán Óscar Fernández, Cristina Ayala, Pepo Suevos, Eva Millares e Marta Costoya (voz), que interpretarán o tema “Sabor a mí”. A continuación o grupo de combo formado por David Amoza (batería), Brais Cantorna, Sandra Abel (teclados), Óscar Suárez, Javi Abel (guitarras), Eva Millares (baixo), Mara Rivero (saxo), Lía Vázquez (viola), Nerea Montes (frauta, voz) e Aída Raíndo (voz) versionarán os temas “Tenía tanto que darte” de Nena Daconte e “20 de abril” de Celtas Cortos.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "Bertamiráns acolle este venres o concerto de Entroido da Escola Municipal de Música"