[06-07-2012] O Obradoiro de Vidreiras Artísticas que organiza o Concello de Ames comezou esta semana con once alumnos e alumnas. Neste curso, impartido por José Luís Tejedor, os asistentes están aprendendo a construír e deseñar una pequena vidreira para colocar nunha fiestra.
O obradoiro desenvolverase no Pazo da Peregrina ata o vindeiro 31 de xullo. As clases impártense de luns a venres, en horario de 20,00 a 22,00 horas. O profesor do curso é José Luís Tejedor, que posúe un taller en Bertamiráns no que se dedica á elaboración de vidreiras desde 1994.
Tejedor traballa no seu taller con diferentes tipos de vidros e a técnica que máis emprega é a tradicional, unindo os vidros con chumbo, aínda que para acadar determinados efectos usa técnicas como o fussing.
Contido relacionado

El Correo Gallego: "Un total de 11 persoas participan no Obradoiro de Vidreiras Artísticas"




