[06-06-2012] A Casa da Cultura do Milladoiro acolleu este mércores pola mañá a inauguración da mostra A Arte de Aprender que estará aberta ata o día 25 de xuño. Esta exposición recolle todos os traballos realizados polo alumnado da escola infantil municipal A Madalena durante este curso. A esta presentación foron arredor de 50 nenos e nenas do centro educativo acompañados dos seus profesores e profesoras. En representación do goberno municipal asistiu o concelleiro de Educación, Bernardo Moar.

Actividades dividas segundo a idade dos nenos/as
As actividades realizadas polos cativos de 0 a 1 anos durante todo o curso están recollidas nunha obra denominada A miña vida en papel. Este é un libro viaxeiro que se vai confeccionando na escola e na casa. Así recolle traballos que se desenvolven na gardería como os realizados con motivo do Día internacional da Paz, pero tamén conta con fotos dun acontecemento tan importante como a primeira celebración do seu primeiro aniversario.
Ademais se visitamos a Casa da Cultura podemos observar diferentes obras que realizaron os nenos e nenas de 1 a 2 anos e de 2 a 3 anos. Estes traballos reflicten temáticas que van dende o outono ata a primavera. Así pódense ver unha árbore de Nadal feita con botellas de diferentes cores, un moneco de neve, sinais viarias, un carro para facer flocos de millo, e varios disfraces que se elaboraron con motivo do Entroido. Segundo a idade do alumnado os traballos teñen maior ou menos complexidade.
Arredor de 50 nenos e nenas da gardería municipal visitaron esta mostra acompañados das educadoras do centro e de moitos pais e nais que tamén quixeron ver os traballos que elaboraron os seus fillos/as. En representación do goberno municipal asistiu o concelleiro de Educación, Bernardo Moar.
O obxectivo desta actividade e dar a coñecer o traballo de todos os cativos durante o curso escolar e tamén que os pais e as nais vexan as actividades que realizan. O alumnado da escola infantil A Madalena rematará o curso escolar cun festival que terá lugar o vindeiro 22 de xuño, ás 17:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro.

Esta mañá inaugurouse a V mostra A Arte de Aprender, que recolle todos os traballos realizados ao longo do curso, polos nenos e nenas da escola infantil municipal A Madalena. O Samaín, o Magosto, o Nadal, o Entroido, o día do pais e da nai o día da paz ou o día das Letras Galegas son datas moi significativas e que serven para que os nenos e nenas da escola infantil realicen diversas actividades que non soen facer no día a día.
A Casa da Cultura do Milladoiro foi o lugar escollido por quinto ano consecutivo para expoñer todos os traballos dos cativos e poderanse ver ata o día 25 de xuño. Todas as obras están repartidas polo primeiro e segundo andar do cento sociocultural. Así pódense ver diferentes traballos segundo a idade dos nenos e nenas.
O libro das cores, que consiste nun collage con debuxos de diferentes cores, o libro de anécdotas, que recolle pequenas historias e anécdotas que lle sucederon ao alumnado da Madalena durante este curso, ou o xornal A Voz da Madalena, que recolle o titular “Nacen dúas castañas de grandes dimensións nun castiñeiro da comarca da Maía”... son algúns dos traballos que máis expectación espertan da mostra A Arte de Aprender.





