[11-05-2012] A concellería de Medio Ambiente, Sanidade e Cultura, a través da Aula da Natureza, está desenvolvendo un programa específico de actividades que están dirixidas tanto ao alumnado dos centros de ensino amienses coma á veciñanza amiense. Os rapaces e rapazas coñeceron as diferentes partes das plantas medicinais, visitaron a plantación de aromáticas da horta da Aula da Natureza e participaron nun obradoiro para elaborar xabón de tomiño e romeiro, e sales de baño de limón. O obradoiro desenvólvese entre as 10:00 h e as 13:30 horas.
Un total de 40 alumnos/as de sexto de educación primaria do CEIP Agro do Muíño participaron hoxe nun obradoiro sobre as plantas medicinais. A actividade, impartida pola coordinadora da Aula da Natureza, contou cunha breve explicación do tema e diferentes exercicios prácticos, adaptados á idade do alumnado. Os rapaces e rapazas coñeceron as diferentes partes das plantas medicinais, visitaron a plantación de aromáticas da horta da Aula da Natureza e participaron nun obradoiro para elaborar xabón de tomiño e romeiro, e sales de baño de limón. O obradoiro desenvólvese entre as 10:00 h e as 13:30 horas. A concellería de Medio Ambiente, Sanidade e Cultura, a través da Aula da Natureza, está desenvolvendo un programa específico de actividades que están dirixidas tanto ao alumnado dos centros de ensino amienses coma á veciñanza amiense. Durante os últimos meses realizáronse varios obradoiros dirixidos ao alumnado amiense como o obradoiro de ecosistemas, o obradoiro sobre o coñecemento dos cinco sentidos ou o obradoiro para coñecer os animais do solo.
Agora, estase desenvolvendo outro obradoiro sobre as plantas medicinais no que participan os alumnos/as de sexto de educación primaria do CEIP Agro do Muíño. Este tipo de actividades son un gran complemento para a aprendizaxe dos escolares amienses. Durante as últimas semanas os alumnos/as deste centro de ensino participaron en diferentes actividades relacionadas con esta temática. Anteriormente, o alumnado de primeiro e segundo de educación primaria xa participou neste mesmo obradoiro pero adaptado a idade dos nenos/as. A coordinadora da Aula da Natureza foi a encargada de guiar aos nenos/as polo obradoiro. En primeiro lugar explicóuselle ao alumnado as diferentes partes das que están compostas as plantas con propiedades medicinais (flores, casca, follas...). A continuación visitaron a plantación de aromáticas da horta da Aula da Natureza para ver a súa evolución durante os últimos meses. Con esta actividade os rapaces e rapazas tamén aprenderon a diferenciar os distintos tipo de plantas aromáticas que existen.
Obradoiro práctico
Trala explicación pasaron a parte práctica na que realizaron dous obradoiros. Primeiro elaboraron xabón de tomiño e romeiro. Na súa elaboración empregaron xabón base (máis coñecido como xabón de lagarto), xabón de glicerina natural, esencia de tomiño, tomiño, e herbas frescas de tomiño e romeiro. A continuación fixeron varios moldes con plastilina para encher os moldes con preparado feito anteriormente. Unha vez se solidificou o xabón sacárono dos moldes e envolvérono con papel de cores e etiquetárono. No segundo obradoiro elaboraron sales de baño de limón. Primeiro, mesturaron a sal gorda con colorante e botáronlle un pouco de bicarbonato e unhas gotas de esencia de limón. A continuación, embolsaron o seu remedio caseiro e etiquetárono co nome de “Sales de baño de limón.
A concellaría de Medio Ambiente, Sanidade e Cultura está promovendo unha serie de actividades dirixidas aos centros de ensino e ANPAS do concello co obxectivo de unir esforzos en materia de educación ambiental. Así, o Proxecto de Educación Ambiental do Concello de Ames márcase como obxectivo fomentar o coñecemento e a valorización do medio, así como colaborar na formación dunha conciencia crítica cos problemas ambientais.




