[27-09-2011] O Concello de Ames abre un novo prazo para inscribirse no obradoiro de baile e musica tradicional que vai dende o 27 ao 30 de setembro. As inscricións poden realizarse no Pazo da Peregrina de Bertamiráns e na Casa da Cultura do Milladoiro en horario de 9:00 h. a 14:00 horas. As persoas interesadas terán que entregar o recibo de pago no momento de inscribirse. Este obradoiro será xestionado pola Asociación Cultural Os Castros. A presentación do curso será o día 1 de outubro no local social de Bugallido, a partir das 10:00 h. da mañá, mentres que o comezo das clases está fixado para o 8 de outubro. As persoas que se inscriban daráselle unha copia cos lugares onde se van impartir as diferentes disciplinas do obradoiro (gaita, pandeireta, percusión, punteiro) e os horarios segundo a idade e o nivel. Estes horarios son a nivel orientativo xa que os niveis definiraos o profesorado unha vez comece o curso.




