Pestanas principais

Festas da Madalena en O Milladoiro

Venres, 22 de xullo de 2011

[22-07-2011] Hoxe arrancan as festas da Madalena no Milladoiro. As actividades programadas comezan ás oito e media da tarde coa actuación de títeres “Os 3 porquiños + outro” na praza de Manuel Murguía. Ás nove da noite haberá unha misa na capela da Madalena e a continuación alí mesmo, na Praza do Porto actuarán as pandereteiras amienses, Maianas. A xornada vai finalizar cunha verbena tamén na Praza Manuel Murguía amenizada pola orquetra Amistad de Vigo e á media noite sortearase un xamón.

Despois da homilía farase un sorteo do ramo entre os cofrades da Madalena e haberá unha merenda para os membros da cofradía aos que tamén se lles impoñerá a medalla. Coma cada ano hai novos membros que se admiten na cofradía aos que se lles porá a medalla por primeira vez.

O día propio da Madalena é hoxe, 22 de xullo de 2011, pero o groso das festas patronais en Milladoiro celébrase o primeiro fin de semana de agosto. O primeiro domingo do mes que ven, o día sete de agosto, celebrarase outra misa na honra da Madalena e unha procesión polas rúas do Milladoiro na que se sobe a Santa á capela, este ano portará o estandarte o cofrade Ramón G. Argibay. Tampouco faltará a verbena.