- Tematica
A Concellería de Benestar Social organiza para os días 17, 18 e 19 de novembro, a décima edición das Xornadas Acércate de igualdade e prevención da violencia de xénero. O mércores 18 de novembro, Laura Costoya organiza o taller "Cara onde vou?, claves para mellorar a empregabilidade". Esta actividade centrarase no desenvolvemento de competencias e a adquisición de recursos enfocados á procura de emprego feminino. A iniciativa desenvolverase vía online e, para participar, é necesario inscribirse a través desta páxina web.
Coincidindo coa conmemoración do Día Internacional de Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, a Concellaría de Benestar Social organiza a décima edición das Xornadas Acércate de igualdade e prevención da violencia de xénero. A programación, que consta de tres obradoiros de balde. O mércores 18 continuarase co obradoiro "Cara onde vou?, claves para mellorar a empregabilidade", impartido por Laura Costoya.
Este encontro centrarase no desenvolvemento de competencias e a adquisición de recursos enfocados á procura de emprego ou ao proceso de emprendemento. Cunha perspectiva de xénero, fomentarase o manexo do desenvolvemento persoal para así maximizar a potencialidade de oportunidades, facendo fincapé na importancia do autocoñecemento como base para saber cara onde enfocar o futuro laboral.
Laura Costoya é traballadora social é unha apaixonada do emprendemento e do desenvolvemento persoal. Na súa empresa, Starcoach, axuda ás persoas para descubrir e rendibilizar os seus talentos. Para coñecer máis ás profesionais, preme nesta ligazón.
O obxectivo principal é crear distintas oportunidades de aprendizaxe e intercambio no que se poida analizar a igualdade e prevención da violencia de xénero a través de diferentes actividades, cun fin divulgativo e formativo, que contribúa ao empoderamento e mellora do desenvolvemento persoal. As tres sesións realizaranse vía online de 19.00 a 20.30 horas. Para participar é imprescindible inscribirse previamente a través desta páxina web.
Para máis información, pórse en contacto a través do número 669 962 249.