Sábado, 13 xuño, 2026
A partir das 9.00 horas
- Tipo
- Tematica
O club de Taekwondo TKDenodo organiza, coa colaboración do Concello de Ames, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, o X Torneo Concello de Ames de taekwondo infantil. Dito evento vaise celebrar este sábado, 13 de xuño, a partir das 9.00 horas, no pavillón do Milladoiro. Trátase dun torneo no que se fomentan valores como o de respecto, esforzo, compañeirismo, superación e diversión. Ao longo desta xornada practicarase taekwondo en familia.





