Pestanas principais

>Trouleando: xornada de hidrospeed no río Ulla

Sábado, 25 abril, 2026
Ás 15.00 horas

O Concello de Ames, a través da Concellería de Mocidade de Ames, organiza unha nova actividade do programa Trouleando cunha xornada de deporte de aventura, no río Ulla, o próximo sábado 25 de abril.O prazo de inscrición estará aberto dende o 9 e o 16 de abril. As persoas interesadas deben inscribirse enviando a ficha de inscrición debidamente cumprimentada ao enderezo electrónico xuventude@concellodeames.gal. Hai 50 prazas dispoñibles que se asignarán por orde de chegada. Pódese descargar a ficha de inscrición nesta ligazón.

A actividade desenvolverase o vindeiro sábado 25 de febreiro. Haberá servizo de autobús dende o Pazo da Peregrina, ás 15.00 horas, e da Casa da Cultura do Milladoiro, ás 15.15 horas. A volta está prevista para, aproximadamente, as 20.15 horas no Milladoiro e as 20.30 horas en Bertamiráns. É preciso para esta actividade levar traxe de baño, toalla, calzado que se poida mollar e unha muda completa.