Pestanas principais

> Teatro: "Ás para Álex"

Xoves, 10 febreiro, 2022
ás 18:00 horas

A programación de artes escénicas para o público miúdo e familiar da primeira metade de 2022 inclúe catro obras teatrais, con diferentes idades recomendadas e con presenza de xéneros como o teatro contemporáneo, o musical ou o de monicreques. Este último é o caso da primeira representación do semestre, “Ás para Álex”, que terá lugar o xoves 10 de febreiro, ás 18:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Pensada para o público familiar e para a cativada a partir dos 5 anos, a obra da compañía Baobab Teatro conta a historia de Álex, un neno de 8 anos apaixonado ao fútbol que de súpeto non pode camiñar. Álex está anoxado co mundo ata que aparece Laura, que comeza a mudar a mirada que ten o rapaz do que lle rodea. As entradas xa están dispoñibles a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames.

Álex é un neno coma calquera outro de 8 anos ao que lle encanta correr, xogar, quedar coas amizades, ir ao parque e que ten de paixón: o fútbol. Pero un día Álex ten que deixalo todo, o seu corpo non responde, non camiña. Álex enfádase consigo mesmo, coa súa nai, coa súa irmá, co seu can, ata co fútbol.

Anóxase co mundo e asáltanlle moitas preguntas - Por que a min?, Por que eu non podo xogar? Por que, por que e por que?

Está tan anoxado que deixa de mirar ao seu arredor. Ata que un día aparece Laura no seu camiño e sen pedir permiso entra de cheo na súa vida para mudarlle a mirada.