Pestanas principais

FestiMax 2026: "Patapún" do Mago Paco

Xoves, 22 outubro, 2026
Doble sesión: 17.00h, 18.15h

Este festival organizado polo Concello de Ames, en colaboración coa Deputación da Coruña, conta cun amplo programa de espectáculos e obradoiros para todos os públicos. Do 22 ao 25 de outubro haberá maxia para bebés, nenos e nenas, persoas adultas e maiores nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. As entradas poderanse adquirir na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

Dirixido aos máis cativos, aos pequenos e pequenas de entre 1 e 4 anos do concello. O Mago Paco é un dos magos galegos máis aclamados do momento, que está despuntando en tódolos festivais, sempre aportando a maxia infantil da que el é experto.

Esta actividade terá lugar o vindeiro xoves, 22 de outubro, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Haberá dúas sesións, a primeira ás 17.00 horas; e a segunda ás 18.15 horas. Poderán asistir un máximo de dous adultos por neno ou nena.