Pestanas principais

> Festa do Magosto en Bertamiráns

Sábado, 19 novembro, 2022
A partir das 17.00 horas

A comisión de festas de Bertamiráns, en colaboración co Concello de Ames e coa asociación Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), organiza unha festa do magosto que se desenvolverá o sábado, 19 de novembro, na praza da Maía, en horario de 17.00 a 20.00 horas. Haberá castañas de balde e música a cargo do grupo A requinta da Maía e do dúo Eva e Camilo.

Vén festexar con nós o Magosto! Este é o lema escollido pola comisión de festas de Bertamiráns para organizar un novo evento. Neste caso vaise a facer un magosto o sábado, 19 de novembro, a partir das 17.00 horas na praza da Maía. Nesta iniciativa colaboran o Concello de Ames e maia asociación Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA).

Despois de organizar a festa do Samaín o pasado 4 de novembro, agora volven a organizar un novo evento co obxectivo de recadar fondos para as festas de Bertamiráns de 2023. A festa do magosto comezará ás 17.00 horas e está previsto que se desenvolva ata ás 20.00 horas. Ao longo da tarde haberá castañas de balde. Ademais, haberá música a cargo do grupo A requinta da Maía e do dúo Eva e Camilo.