Pestanas principais

>XX Festa do Chourizo ao Viño

Domingo, 12 xullo, 2026
A partir das 12.00 horas

A Festa do chourizo ao viño, organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño da parroquia de Ortoño, chega a súa vixésima edición. Este ano a festa celebrarase o domingo 12 de xullo. Un ano máis realizarase a degustación de orella cocida e de chourizos ao viño con cachelos. O xantar estará amenizado pola música da banda de gaitas e de baile rexional Os Castros e pola tarde contarase coa actuación do dúo Charada. Ademais, realizarase o XIX campionato de chave por parellas. A xornada rematará coa actuación de Xurxo Fernandes, financiada polo Concello de Ames. Haberá carpa e inchables gratuítos para os nenos e nenas por cortesía de Tikolandia.

Arredor de 1.000 racións de chourizo e 700 de orella de porco cocida serán servidas na XX edición da Festa do chourizo ao viño, que se celebrará o domingo 12 de xullo, no campo da festa de Ortoño. Os tíckets para participar na festa, un dos eventos gastronómicos de maior tradición no concello, venderanse no propio campo da festa, onde se realizará o evento. Ademais do xantar, a festa inclúe unha tarde chea de música e de opcións para que os máis cativos e cativas tamén poidan gozar.

Degustación de chourizo e orella
A xornada dará comezo ás 12:00 horas coa celebración dunha misa cantada polos defuntos da parroquia. Unha vez rematada a eucaristía, realizarase o pregón a cargo do actor e músico galego, Josito Porto, veciño da parroquia de Ortoño. 

De seguido, a partir das 13:00 horas, comezará a degustación dos chourizos ao viño acompañados de cachelos e da orella de porco cocida, para o que se instalará unha carpa. As racións poderanse comer acompañadas por viño do Ribeiro. Haberá tamén café e xeado.

As racións venderanse a prezos populares, manténdose os prezos da pasada edición. Así, a tarteira con chourizos, pan, viño, café e xeado custará 13 euros, mentres que o prato de orella cocida, o pan e o viño custará 7 euros.

Actuacións musicais e concurso de chave por parellas
Durante o xantar contarase coa actuación da banda de gaitas e baile rexional Os Castros. De seguido, pola tarde, haberá más música coa actuación do dúo Charada. Ademais, a partir das 16.00 horas realizarase o XIX campionato de chave por parellas. As inscricións das parellas poderase facer ata as 15.30 horas e contarase con trofeos doados polos Concello de Ames e outras sorpresas. 

A xornada rematará coa gran actuación de Xurxo Fernandez, financiada polo Concello de Ames. Haberá carpa e inchables gratuítos para os nenos e nenas por cortesía de Tikolandia.