Pestanas principais

> Doazóns de sangue en Bertamiráns

Xoves, 23 xuño, 2022
de 15:30 a 21:00 horas

A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves 23 de xuño en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. Será en horario de tarde, de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes, disponse dun teléfono gratuíto para solicitar autocita, o número 900 100 828.