Pestanas principais

>Distrito 13 17: Consolidando

Sábado, 21 febreiro, 2026
Ás 19.00 horas

A Concellaría de Mocidade amplía a súa oferta de actividades cunha nova iniciativa. Trátase do novo Club Xuvenil de Ames Distrito 13 17, un espazo pensado para a xente nova de 13 a 17 anos con ganas de pasalo ben, coñecer xente, crear, participar e facer cousas diferentes.

O sábado 21 de febreiro chega Consolidando, a segunda actividade desta programación enfocada ao público mozo. Os rapaces e rapazas poderán gozar dunha xornada de convivencia no anexo do pavillón do Milladoiro, de 19.00 a 21.00 horas.