Pestanas principais

> Curso de defensa persoal feminina

Domingo, 24 outubro, 2021

A Concellería de Deportes colabora este domingo 24 de outubro, das 10.00 ás 13.00 horas, nun obradoiro de defensa persoal feminina no Ximnasio Pavillón municipal de Bertamiráns. O curso é de balde e está organizado pola Asociación de artes marciais Bujutsu Sosei. O prazo de inscrición xa está aberto e farase a través do teléfono 665 841 036, aportando nome e apelidos. Recoméndase ás asistentes levar roupa confortable para realizaren actividade física.