Pestanas principais

>Aula da natureza: Cociña de tempada. Sobremesas de flores e froitas

Sábado, 18 abril, 2026
De 11.00 a 13.30 horas

A Aula da Natureza xa ten lista a súa programación para o mes de abril e está pechando as datas das actividades que se van impartir nos meses de maio e xuño. A primeira actividade, denominada “Benvida primavera”, vaise realizar este sábado 11 de abril. Trátase dun obradoiro práctico sobre as flores, que está dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos. En abril haberá dúas actividades máis, unha de cociña de tempada e unha camiñada teatralizada.

Os días 18 e 25 de abril vanse realizar dous obradoiros sobre cociña de tempada e sobremesas de flores e froitas. Estes dous obradoiros vanse impartir nas instalacións da Aula da Natureza en horario de 11.00 a 13.30 horas. O obradoiro do sábado 18 de abril está dirixido a persoas adultas, mentres que a actividade do sábado 25 de abril é para rapaces e rapazas de 6 a 14 anos. Ofértanse 20 prazas para cada obradoiro.