Pestanas principais

> 25N | Teatro: “Golpes”

Mércores, 24 novembro, 2021
ás 13:00 horas

No marco da  conmemoración do Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller 2021, a Concellaría de Igualdade organiza a representación de “Golpes”. A obra porase en escena o día 24 de novembro, ás 13:00 horas, na Casa de Cultura de Bertamiráns. 

“Golpes” está dirixida por Xosé Leis e denuncia dun xeito directo e cru a violencia machista. A actriz mariñana Estíbaliz Veiga súbese ao palco, sen máis artificio nin truco escénico que a súa voz e a súa interpretación, para amosar o padecemento dunha muller vítima de violencia machista.