Pestanas principais

> 25N | Teatro Forum “¿Esto es amor?” no Milladoiro

Sábado, 20 novembro, 2021
Ás 20:30

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle hoxe, 20 de novembro, ás 20:30 horas, a obra de Teatro “¿Esto es amor?” da Compañía Psíare. A actividade, que se desenvolverá a modo de Teatro-Forum, encádrase no programa “NIN SERVIL, NIN CALADA, LIBRE” co que o Concello de Ames conmemora o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller.

A actividade é de balde e as entradas xa se poden retirar na billeteira municipal.

A través do xénero de Teatro interactivo, a obra “¿Esto es amor?” convida á cidadanía amesá a reflexionar e tomar consciencia sobre as relacións tóxicas e as condutas enganosas e machistas que confunden o amor coa posesión.