Avisos
Venres, 4 abril, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 4 abril, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Xoves, 3 abril, 2025
Debido ás condicións meteorolóxicas previstas para este sábado 5 de abril, vémonos na obriga de volver aprazar a andaina polo Mar de Ovellas. A nova data para a actividade será o domingo 27 de abril co mesmo horario para coller o autobús: 10:00h na parada de bus a carón da Casa da Cultura do Milladoiro e 10:15h diante do Pazo da Peregrina de Bertamiráns.
Mércores, 2 abril, 2025
Están esgotadas as prazas para participar na actividade de "O cuco veu por acá e marchou por alá", da compañía Percubebés, que terá lugar este venres 4 de abril, ás 18.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. A través deste obradoiro-espectáculo musical os máis pequenos poderán adquirir ferramentas para mellorar a súa execución musical, ao mesmo tempo que aprenden pequenas cantigas propias da nosa cultura.
Mércores, 2 abril, 2025
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai públicas as bases e convocatoria para creación dunha bolsa de agarda para o posto de técnico informático do Concello de Ames.
Mércores, 2 abril, 2025
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun fenómeno meteorolóxico adverso por tormentas e choivas, de nivel amarelo, que afectará a Ames dende as primeiras horas da tarde deste mércores, 2 de abril, e que se prolongará ata as primeiras horas da noite. Rógase que se extremen as precaucións e, en caso de emerxencia, prégase centralizar as chamadas de emerxencia ao 112, Policía Local: 619 76 75 75; ou Protección Civil: 673 17 88 88.
Mércores, 2 abril, 2025
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a acta da comisión de valoración do proceso de provisión temporal mediante comisión de servizos voluntaria do posto vacante de arquitecto municipal.
Luns, 31 marzo, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 28 marzo, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 28 marzo, 2025
O Concello de Ames informa do cambio de ubicación da parada de taxis do Milladoiro, que pasa a estar situada no cruce da rúa Anxeriz coa rúa Pardiñeiros. Este cambio está motivado polas obras de humanización do Milladoiro en dirección Padrón, que se están executando actualmente na N-550.
- ‹ anterior
- 5 de 137
- seguinte ›