Solapas principales

Bloque Nacionalista Galego (BNG)

Ames ten lembranza, o BNG celebra un acto público de memoria democrática
Martes, 13 de octubre de 2026

O BNG de Ames, promove unha xornada para achegármonos á memoria democrática desde o noso propio territorio: coñecer as pegadas que permanecen en Ames, recuperar as historias que durante demasiado tempo quedaron silenciadas e reflexionar sobre a responsabilidade das institucións públicas na súa conservación e transmisión. A iniciativa terá lugar  o xoves 15 de outubro ás 20:00H no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Lembrar non é motivo de ofensa para ninguén, pero si un merecido desagravio para quen padeceu inxustiza.

O nome do novo colexio do Milladoiro e a transferencia da AP9 van a pleno da man do BNG
Miércoles, 23 de septiembre de 2026

A formación nacionalista pide actuar con responsabilidade e mudar o nome proposto para o novo colexio do Milladoiro tendo en conta criterios de arraigo territorial, identidade e valores democráticos compartidos. Tamén instan ao goberno galego a que apoie e non boicotee a transferencia da AP9 a Galiza, de maneira que se poida facer efectiva no prazo máis breve posible garantindo, tal como recolle o texto aprobado, que sexa o goberno central quen asuma todas as consecuencias derivadas das decisións que adoptou no tempo en que tivo a titularidade e a xestión da autoestrada.

BNG e Espazo Común rexistran a solicitude para a convocatoria dun pleno extraordinario no que recibir información sobre o aparcadoiro de pago do Milladoiro
Miércoles, 16 de septiembre de 2026

Tal e como indicara o BNG a semana pasada, a formación nacionalista reuniuse co resto dos grupos da oposición e finalmente acordou, xunto con Espazo Común, a solicitude dun pleno extraordinario porque “a cidadanía merece información clara, completa e precisa sobre este proxecto”. 

O BNG de Ames celebra a apertura do Centro Multifuncional do Milladoiro
Lunes, 14 de septiembre de 2026

Escarlata Pampín recorda que “foi un proceso que se iniciou hai moito tempo, que levou mais do agardado, e do que fomos partícipes dende o seu inicio”. En   2017 resólvese a concesión das axudas europeas FEDER para a EDUSI “Impulsa Ames”. Nese momento o plan queda formalmente aprobado. No 2018 comeza o desenvolvemento real no concello, con presentación pública e proceso participativo do plan. Este plan inclúe entre as súas actuacións a creación dun centro de mocidade no Milladoiro, como parte das políticas de inclusión social e dinamización.

“Homiños de Boimorto”, noventa anos despois son inmortais
Lunes, 31 de agosto de 2026

Este ano a homenaxe do BNG de Ames tivo lugar na carballeira de Ortoño e contou coas intervencións de Xosé Luís Rivas Cruz, “Mini”, concelleiro do BNG de Boimorto, Alejandra Barco Tojo, bisneta do represaliado José Tojo e Escarlata Pampín López, voceira do BNG de Ames.  Os numerosos asistentes puxeron de manifesto o interese da veciñanza en denunciar os feitos e evitar que vítimas da represión fascista queden no esquecemento.