Avisos
Lunes, 26 octubre, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Lunes, 26 octubre, 2026
A Policía Local de Ames recomenda extremar precaucións pola grande cantidade de persoas que acoden aos cemiterios parroquiais e ao cemiterio municipal con motivo do Día de Defuntos. É importante que as persoas que acudan aos camposantos estean en todo momento atentos ás súas pertenzas para evitar posibles roubos.
Viernes, 23 octubre, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús dos comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 23 octubre, 2026
Desde o Servizo de Normalización Lingüística informan de que están esgotadas as prazas para a actividade "Contos para caghar patatillas", de Brais das Hortas, a actividade do programa Apego que se vai a celebrar o xoves 30 de outubro, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Esta sesión combinará conto contado, música en directo e humor, e está dirixida a crianzas de 3 anos en adiante.
Jueves, 22 octubre, 2026
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre a acta número 2 de puntuación da proba escrita e resultado provisional do proceso de selección e contratación dun/dunha auxiliar administrativo/a para a Concellaría de Promoción Económica, Emprendemento e Atención e Participación Veciñal do Concello de Ames. Dita convocatoria enmárcase na orde do 22 de maio de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no sistema nacional de garantía xuvenil.
Martes, 20 octubre, 2026
Ata o vindeiro martes, 27 de outubro, está aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación Nadal Lúdico, que se desenvolverá os días 22, 23, 24, 28, 29, 30 e 31 de decembro, e os días 4, 5 e 7 de xaneiro de 2027. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil ou en primaria, e que teñan a necesidade de conciliar. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedor e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns).
Viernes, 16 octubre, 2026
Con motivo da celebración da XXV Carreira Pedestre Popular Concello de Ames, que se vai celebrar o domingo, 18 de outubro de 2026, haberá cortes e prohibicións de estacionamento nos arredores da Casa do Concello en Bertamiráns (rúa Alcalde Lorenzo).
Viernes, 16 octubre, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 16 octubre, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús dos comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 16 octubre, 2026
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre a plantilla de respostas do exame que se celebrou o dia 14 de outubro correspondente ao proceso selectivo dunha praza por concurso-oposición do artigo 2 da lei 20/2021 incluída na oferta extraordinaria de emprego público de 2022 (estabilización).
- 1 de 181
- siguiente ›




