
Solapas principales
Partido Popular (PP)

O Grupo Municipal do Partido Popular de Ames cualificou de "inadmisible e profundamente antidemocrático" o comportamento do goberno local respecto ao proxecto do primeiro parking subterráneo público de pago no Milladoiro. A formación popular denuncia que o executivo municipal ocultou de forma deliberada toda a información do proxecto á oposición, unha actitude de opacidade que tamén foi criticada publicamente por outras forzas políticas locais.
O Grupo Municipal Popular do Concello de Ames presentou unha moción pola vía de urxencia debido ao incremento da inseguridade cidadá na localidade. A iniciativa xorde como resposta directa ás continuas queixas dos residentes de Bertamiráns. Os veciños denuncian unha deterioración da convivencia debido a okupacións ilegais, pelexas, ruídos e condutas incívicas.
O Grupo Municipal do Partido Popular de Ames presentou unha moción para o seu debate e aprobación no vindeiro Pleno da corporación municipal. A iniciativa, que xorde directamente das reunións periódicas que os populares veñen mantendo cos veciños polas distintas parroquias do concello, solicita formalmente a instalación de paneis de anuncios e soportes informativos en todos os núcleos de poboación e puntos estratéxicos do municipio. Dende o PP local destacan que a comunicación entre a Administración local e a cidadanía é un piar fundamental para a transparencia e a participación. Porén, advirten de que a excesiva dependencia das ferramentas dixitais está a deixar atrás a unha parte significativa da poboación, especialmente ás persoas maiores, que continúan empregando os medios tradicionais como principal vía de acceso á información municipal.
O Grupo Municipal do Partido Popular de Ames presentou unha moción para o seu debate no Pleno na que insta ao goberno local a adoptar de maneira inmediata as medidas necesarias para garantir a continuidade do servizo deportivo que se presta nas instalacións municipais da Telleira, evitando situacións de incerteza que poidan afectar tanto ás persoas usuarias como aos traballadores vinculados a este servizo público esencial.
O PP de Ames segue a reunirse cos veciños parroquia a parroquia nunha iniciativa que consideran moi positiva para coñecer de primeira man os problemas do rural e poder trasladalos ó pleno municipal. Despóis das visitas a Lens, Transmonte, Biduido, Tapia e Piñeiro está programada unha cita na casa agraria de Bugallido o próximo martes, 28 de abril, e no mes de maio chegará a quenda de Ortoño.
- 1 de 5
- siguiente ›




