Ayuntamiento de Ames

Menú [Saltar]

Ayuntamiento de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Noticias

O Concello de Ames e a USC colaboran na realización dun estudo sobre a prevención de condutas aditivas no ámbito escolar

[17-04-2019] A Concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade de Ames e a Unidade de Psicoloxía do Consumidor e Usuario da Universidade de Santiago de Compostela (USC-PSICOM) colaboran na realización dun estudo sobre o consumo de drogas e a presencia de condutas aditivas entre a mocidade amesá. Mediante esta iniciativa búscase contribuír á optimización da labor preventiva e a definir unha estratexia de prevención axeitada á contorna social de Ames a través do deseño dun Plan Local de Prevención de Condutas Aditivas no municipio. Neste estudio participan un total de 1750 alumnos e alumnas dos centros escolares de titularidade pública do municipio, divididos en 70 grupos. Este traballo segue a liña do programa de prevención de condutas aditivas no ámbito escolar levados a cabo nos centros públicos de Ames, nos que participaron arredor de 840 alumnos/as e as súas familias, así como un total de 31 docentes.

A Concellaría de Turismo e a agrupación de Protección Civil de Ames poñen en marcha en Semana Santa un operativo especial destinado ao apoio dos peregrinos/as

[17-04-2019] O concello de Ames constitúese como paso obrigado para os peregrinos e peregrinas que, ou ben percorren o Camiño Portugués cara a Santiago de Compostela, ou ben deciden rematar a súa experiencia xacobea en Fisterra e Muxía. Así, en vista ao incremento de persoas que deciden realizar algún destes camiños durante a Semana Santa, a agrupación de voluntarios e voluntarias de Protección Civil e a Concellaría de Turismo de Ames están a realizar un operativo especial co obxectivo de asesorar, resolver incidencias e prestar axuda aos distintos camiñantes. Para elo, entre o sábado 13 de abril e o domingo 21, varios membros/as da agrupación atópanse tanto no Milladoiro como en Ponte Maceira para resolver calquera incidencia ou dúbida que poida xurdir ao abeiro da ruta xacobea.

O Concello de Ames intensifica a súa programación literaria entre o 22 e o 27 de abril co gallo da Semana do Libro

[17-04-2019] Ames celebra o Día do Libro, que se conmemora cada 23 de abril, cunha Semana do Libro cargada de actividades destinadas a levar a literatura a todos os recunchos do municipio amesá. Así, a Concellaría de Cultura organiza entre o 22 e o 27 de abril unha intensa programación composta por sesións de contacontos, obradoiros, representacións e presentacións de libros. O acto central das celebracións terá lugar o sábado 27, na praza do Concello de Bertamiráns, co desenvolvemento da iniciativa “Literatura na Praza”. A xornada, que dará inicio ás 17:00 horas, incluirá propostas para todas as idades. Haberá exposición, venda e presentación de libros, entre eles o do XIV Certame Literario Concello de Ames, unha mesa redonda e varios espectáculos musicais e poéticos.

Ver más noticias


Ames Radio
Reproducir conWinampQuickTimeWindows Media PlayerReal Player

 


más del Ayuntamiento

Administración electrónica

Administración electrónica

Os contribuíntes teñen a posibilidade de utilización da Oficina Virtual Tributaria.
Leer, jugar, disfrutar

Leer, jugar, disfrutar

Nuestras bibliotecas son espacios de cultura y de entretenimeiento con programas de actividades durante todo el año.
Somos solidarios

Somos solidarios

La Oficina de Voluntariado de Ames (OVA) te ofrece un sinfín de iniciativas solidarias en las que tú también puedes participar.
Mucho que ver

Mucho que ver

Patrimonio, historia, paisaje, rutas, alojamientos... Todo lo que necesitas para preparar tu visita a nuestro ayuntamiento.

Aviso legal | Accesibilidad | RSS

© Ayuntamiento de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925