Agenda

Cada paso conta. Cada persoa importa. Con este lema organízase a I Marcha de Prevención do Dano Cerebral, unha andaina popular e solidaria que percorrerá 4,9 quilómetros dende o Centro Multifuncional do Milladoiro, na rúa O Muíño Vello, ata a sede da Asociación de Dano Cerebral Compostela, situada na zona do Castiñeiriño-Restollal. Esta iniciativa realizarase o sábado, 24 de outubro de 2026, desde as 10:00 horas. As inscricións pódense facer premendo nesta ligazón.

Este festival organizado polo Concello de Ames, en colaboración coa Deputación da Coruña, conta cun amplo programa de espectáculos e obradoiros para todos os públicos. Do 22 ao 25 de outubro haberá maxia para bebés, nenos e nenas, persoas adultas e maiores nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. As entradas poderanse adquirir na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Este evento conta coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Coa volta ás aulas e a chegada do outono, as bibliotecas municipais tamén retoman a súa programación habitual para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro. Por unha banda, hai propostas de animación á lectura para o público infantil de 2 a 8 anos, con contacontos, e por outra, tamén hai obradoiros para a rapazada que cursa desde 3º de primaria en diante.

Este festival organizado polo Concello de Ames, en colaboración coa Deputación da Coruña, conta cun amplo programa de espectáculos e obradoiros para todos os públicos. Do 22 ao 25 de outubro haberá maxia para bebés, nenos e nenas, persoas adultas e maiores nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. As entradas poderanse adquirir na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Este evento conta coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

O programa de Baile para Maiores, unha iniciativa organizada polo departamento de Benestar Social do Concello de Ames. As sesións desenvolveranse o segundo domingo de cada mes, de 18.30 a 21.30h, na Casa da Cultura de Bertamiráns; e o último domingo de cada mes no Local de JUPEMI, no Milladoiro, de 18.00 a 21.00 horas. A música e a posibilidade de pasar unha tarde entretida son os principais reclamos desta actividade na que ademais os participantes coñecen a outras persoas nun ambiente festivo e distendido.

O programa SaúdeAndo 2026-2027 comezará o día 1 de outubro con 33 novas andainas que sairán dos centros de saúde do Milladoiro e Bertamiráns. Estas andainas, organizadas pola Concellaría de Promoción da Saúde, organízanse cada xoves de semanas alternas ao longo de todo o curso, ata o mes de xuño, nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro. Son rutas de dificultade media-baixa e que contan cunha duración aproximada de entre unha hora e hora e media.

O programa Apego continúa a súa programación habitual para as pequenas e pequenos do concello durante os últimos meses do ano. Esta vez, a actividade que está por desenvolverse é o espectáculo Contos para caghar patatillas, de Brais das Hortas. Trátase dunha proposta chea de contos, música, humor, efectos especiais e participación do público. A través de todos estes recursos, os contos falan da valentía, e de que non é valente que non ten medo, senón quen é capaz de enfrontarse a el. Esta actividade, que é de balde, e que está dirixida a familias con crianzas de 3 anos en adiante, celebrarase o venres 30 de outubro, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. O prazo de inscrición está aberto desde hoxe, xoves 22 de outubro, ata o vindeiro día 29 de outubro.

Ao longo dos meses de outubro, novembro e decembro organizarán diferentes actividades para poñer en valor o entorno natural de Ames e relacionadas con produtos e costumes propias desta época do ano. Deste xeito, haberá saídas para recoller cogomelos, obradoiros de cociña de outono, xornadas de recollida de lixo no rego do Ameneiral e no monte, unha ruta ambiental, un obradoiro de cosmética natural e maila sexta edición da feira do monte Tanto Monte, Monte Tanto. Para inscribirse nestas actividades hai que enviar o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica e Emprego, acollerá durante a primeira semana de novembro dous relatorios sobre como evitar fraudes no comercio electrónico. As persoas participantes recibirán instrucións sobre como comprar e vender en liña de xeito seguro e sorteando estafas. Ditos relatorios realizaranse o luns 2 de novembro no salón de plenos da Casa da Concello, en Bertamiráns, e o martes 3 de novembro no Centro Multifuncional do Milladoiro. Ambas actividades serán ás 19.30 horas. Estas actividades enmárcanse no acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).
- 1 de 8
- siguiente ›