Agenda

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá o vindeiro sábado, 7 de novembro, as galas finais Mister e Miss RNB Galicia 2026. As entradas xa están á venda na páxina web do certame, e a apertura de portas do auditorio da Casa da Cultura será media hora antes do comezo de cada gala. Con estas galas, escolleranse aos catro representantes, un por cada provincia galega, para representar a Galicia no concurso nacional Miss e Mister RNB España 2027. A gala masculina será ás 16.30h, mentres que a feminina comezará ás 19.30 horas.

O programa de Baile para Maiores é unha iniciativa organizada polo departamento de Benestar Social do Concello de Ames. As sesións desenvolveranse o segundo domingo de cada mes, de 18.30 a 21.30h, na Casa da Cultura de Bertamiráns; e o último domingo de cada mes no Local de JUPEMI, no Milladoiro, de 18.00 a 21.00 horas. A música e a posibilidade de pasar unha tarde entretida son os principais reclamos desta actividade na que ademais os participantes coñecen a outras persoas nun ambiente festivo e distendido.

A partir do mes de outubro, como vén sendo habitual, as bibliotecas amesás celebrarán tres sesións de narrativa oral dirixidos a nenas e nenos de 3 a 8 anos. Serán sempre a partir das 17:30 horas, e realizaranse tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, en días distintos e con datas de inscrición independentes.

O programa SaúdeAndo 2026-2027 comezará o día 1 de outubro con 33 novas andainas que sairán dos centros de saúde do Milladoiro e Bertamiráns. Estas andainas, organizadas pola Concellaría de Promoción da Saúde, organízanse cada xoves de semanas alternas ao longo de todo o curso, ata o mes de xuño, nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro. Son rutas de dificultade media-baixa e que contan cunha duración aproximada de entre unha hora e hora e media.

O outono chega cunha ampla programación cultural a Ames, dirixida para todos os públicos. Ao longo dos vindeiros meses de outubro, novembro e decembro, a veciñanza poderá gozar de diferentes propostas de teatro, danza, cine ou música que se desenvolverán nas localidades de Bertamiráns e no Milladoiro.

Nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro as familias poderán gozar dun feixe de actividades lúdicas e participativas que lles achegarán recursos para unha crianza positiva, natural e creativa. Neste programa inclúense propostas do departamento de Normalización Lingüística e dos departamentos de Cultura e Bibliotecas. O programa comezou o mércores, 2 de setembro, na Carballeira dos Trasnos de Ventín, coas “Brincadeiras miúdas”, de Miudiño e Cé Orquestra Pantasma.

Ao longo dos meses de outubro, novembro e decembro organizarán diferentes actividades para poñer en valor o entorno natural de Ames e relacionadas con produtos e costumes propias desta época do ano. Deste xeito, haberá saídas para recoller cogomelos, obradoiros de cociña de outono, xornadas de recollida de lixo no rego do Ameneiral e no monte, unha ruta ambiental, un obradoiro de cosmética natural e maila sexta edición da feira do monte Tanto Monte, Monte Tanto. Para inscribirse nestas actividades hai que enviar o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

Ao longo dos meses de outubro, novembro e decembro organizarán diferentes actividades para poñer en valor o entorno natural de Ames e relacionadas con produtos e costumes propias desta época do ano. Deste xeito, haberá saídas para recoller cogomelos, obradoiros de cociña de outono, xornadas de recollida de lixo no rego do Ameneiral e no monte, unha ruta ambiental, un obradoiro de cosmética natural e maila sexta edición da feira do monte Tanto Monte, Monte Tanto. Para inscribirse nestas actividades hai que enviar o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

O outono chega cunha ampla programación cultural a Ames, dirixida para todos os públicos. Ao longo dos vindeiros meses de outubro, novembro e decembro, a veciñanza poderá gozar de diferentes propostas de teatro, danza, cine ou música que se desenvolverán nas localidades de Bertamiráns e no Milladoiro.

O outono chega cunha ampla programación cultural a Ames, dirixida para todos os públicos. Ao longo dos vindeiros meses de outubro, novembro e decembro, a veciñanza poderá gozar de diferentes propostas de teatro, danza, cine ou música que se desenvolverán nas localidades de Bertamiráns e no Milladoiro.
- ‹ anterior
- 3 de 8
- siguiente ›




