Ayuntamiento de Ames

Menú [Saltar]

Ayuntamiento de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Noticias

O Concello de Ames asumiu un incremento de 1.372 horas ao mes no Servizo de Axuda no Fogar para poder chegar a un maior número de usuarios

[16-01-2017] Ao longo de 2016 dende o departamento municipal de Servizos Sociais estiveron traballando co obxectivo de prestar unha atención destinada a mellorar as posibilidades e as condicións de vida de tódolos amesáns. Para elo os Servizos socias comunitarios básicos contan cun programa de información xenérica dende o cal se lles proporciona aos usuarios/as información, orientación e asesoramento. O pasado ano, buscando unha mellor xestión do servizo, fixéronse algúns cambios no departamento. O máis recente foi a incorporación, por unha acumulación de tarefas, dunha traballadora social máis, para reforzar o servizo de inserción social, e así poder axilizar os trámites. Outra das actuacións que cómpre destacar foi o incremento feito na prestación do Servizo de Axuda no Fogar.

A Policía Local de Ames adhírese á campaña especial de vixilancia e control do transporte escolar e de menores posta en marcha por Tráfico

[16-01-2017] O Concello de Ames e a Dirección Xeral de Tráfico colaboran na campaña especial de vixilancia e control do transporte escolar e de menores, que comeza hoxe e se desenvolverá ata o vindeiro 20 de xaneiro. A Policía Local de Ames colaborará nos controis preventivos para comprobar que tanto autobuses como condutores cumpran coa normativa, que inclúe, entre outras obrigacións, a necesidade de que os menores vaian acompañados por unha persoa debidamente cualificada nos desprazamentos. Unha vez rematada a campaña, o Concello de Ames terá que enviarlle un informe sobre os resultados obtidos na devandita campaña á Xefatura Provincial de Tráfico.

Abre o prazo para inscribirse no campionato de dominó que se disputará na Casa da Cultura de Bertamiráns

[16-01-2017] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organizou un campionato de dominó que se desenvolverá na cafetería da Casa da Cultura de Bertamiráns. O prazo de inscrición estará aberto ata o 27 de xaneiro. Para apuntarse hai que chamar ao número de teléfono 619 842 504. Esta iniciativa comezará o día 1 de febreiro e desenvolverase dous días á semana (mércores e venres), a partir das 20:30 horas. Haberá trofeos para os gañadores/as.

Ver más noticias



más del Ayuntamiento

Administración electrónica

Administración electrónica

Os contribuíntes teñen a posibilidade de utilización da Oficina Virtual Tributaria.
Leer, jugar, disfrutar

Leer, jugar, disfrutar

Nuestras bibliotecas son espacios de cultura y de entretenimeiento con programas de actividades durante todo el año.
Somos solidarios

Somos solidarios

La Oficina de Voluntariado de Ames (OVA) te ofrece un sinfín de iniciativas solidarias en las que tú también puedes participar.
Mucho que ver

Mucho que ver

Patrimonio, historia, paisaje, rutas, alojamientos... Todo lo que necesitas para preparar tu visita a nuestro ayuntamiento.

Aviso legal | Accesibilidad | RSS

© Ayuntamiento de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925