Avisos
Xoves, 5 novembro, 2026
O Concello de Ames informa de que o luns, 9 de novembro, a páxina web municipal estará fóra de servizo a partir das 10.00 horas e durante dúas ou tres horas como máximo. Isto é debido a traballos de mantemento e actualización planificados que se executarán durante este tempo.
Venres, 30 outubro, 2026
O luns, 2 de novembro, ás 9.30 horas, celebrarase unha sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local, para realizar o sorteo, de xeito aleatorio, das persoas que ocuparán as mesas electorais de Ames nas próximas eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado, que se van celebrar o día 29 de novembro de 2026.
Venres, 30 outubro, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 30 outubro, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús dos comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Xoves, 29 outubro, 2026
O Concello de Ames informa que tendo en conta a colocación da estrutura da árbore de Nadal no aparcadoiro do Supercor do Milladoiro, prohíbese o estacionamento nas zonas sinaladas no bando desde o luns 2 de novembro do 2026 ás 08:00 ata o luns 11 de xaneiro do 2027.
Mércores, 28 outubro, 2026
O Concello de Ames súmase á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), para convocar un minuto de silencio hoxe mércores, ás 20.00 horas, diante da Casa do Concello en Bertamiráns en memoria das vítimas do accidente ferroviario ocorrido hoxe na provincia de Toledo.
Martes, 27 outubro, 2026
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre a acta 3 coas puntuacións do exame tipo test da fase de oposición correspondente ao proceso selectivo dunha praza por concurso-oposición do artigo 2 da lei 20/2021 incluída na oferta extraordinaria de emprego público de 2022 (estabilización).
Martes, 27 outubro, 2026
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre a acta número 3 cos resultados definitivos do proceso de selección e contratación dun/dunha auxiliar administrativo/a para a Concellaría de Promoción Económica, Emprendemento e Atención e Participación Veciñal do Concello de Ames. Dita convocatoria enmárcase na orde do 22 de maio de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no sistema nacional de garantía xuvenil.
Martes, 27 outubro, 2026
O Concello de Ames informa sobre a prohibición de estacionar no aparcadoiro de Agriños (O Milladoiro), dende o xoves 29 de outubro de 2026 ás 09:30 horas ata ás 18:30 horas do sábado 31 de outubro de 2026. Dita prohibición é debido á celebración do evento MILLAWEEN na localidade do Milladoiro.
Luns, 26 outubro, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
- 1 de 182
- seguinte ›




