Avisos
Martes, 20 outubro, 2026
Ata o vindeiro martes, 27 de outubro, está aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación Nadal Lúdico, que se desenvolverá os días 22, 23, 24, 28, 29, 30 e 31 de decembro, e os días 4, 5 e 7 de xaneiro de 2027. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil ou en primaria, e que teñan a necesidade de conciliar. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedor e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns).
Venres, 16 outubro, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 16 outubro, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús dos comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 16 outubro, 2026
O Concello de Ames, a través do Servizo de Normalización Lingüística, informa sobre a resolución publicada este xoves, 15 de outubro, no DOG da convocatoria para a proba do Celga 4 en liña.
Venres, 16 outubro, 2026
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre a plantilla de respostas do exame que se celebrou o dia 14 de outubro correspondente ao proceso selectivo dunha praza por concurso-oposición do artigo 2 da lei 20/2021 incluída na oferta extraordinaria de emprego público de 2022 (estabilización).
Venres, 16 outubro, 2026
Con motivo da celebración da XXV Carreira Pedestre Popular Concello de Ames, que se vai celebrar o domingo, 18 de outubro de 2026, haberá cortes e prohibicións de estacionamento nos arredores da Casa do Concello en Bertamiráns (rúa Alcalde Lorenzo).
Xoves, 15 outubro, 2026
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre o decreto de aprobación das bases para a selección e contratación dun/dunha auxiliar administrativo/a para a Concellaría de Promoción Económica, Emprendemento e Atención e Participación Veciñal do Concello de Ames. Dita convocatoria enmárcase na orde do 22 de maio de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no sistema nacional de garantía xuvenil.
Xoves, 15 outubro, 2026
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre o anuncio publicado no BOP de nomeamento de persoal funcionario de carreira, no posto de policía local, escala básica, categoría de policía local derivada da OPE 2024, de Christian Funcasta López, que deberá tomar posesión no prazo máximo dun mes dende a publicación no BOP do seu nomeamento.
Xoves, 15 outubro, 2026
Hoxe, 15 de outubro, conmemórase o Día Internacional da Perda Xestacional, Neonatal e Perinatal. Co gallo deste acontecemento o Concello de Ames colabora coa asociación Bolboretas no Ceo tinguindo de azul e rosa a fachada da Casa do Concello. Esta xornada busca sensibilizar sobre o sufrimento que causa a perda dun bebé durante o embarazo, o período neonatal ou o primeiro ano de vida.
Mércores, 14 outubro, 2026
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 17 de outubro, organízase unha nova actividade para descubrir o mundo do mel denominada “Do panal ao tarro”. Deste xeito, comeza a programación de actividades no mercado de horta e artesanía despois dun descanso durante os meses de xullo, agosto e setembro.
- 1 de 181
- seguinte ›




