Venres, 30 outubro, 2026
- Tematica
O luns, 2 de novembro, ás 9.30 horas, celebrarase unha sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local, para realizar o sorteo, de xeito aleatorio, das persoas que ocuparán as mesas electorais de Ames nas próximas eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado, que se van celebrar o día 29 de novembro de 2026.
Dita Xunta de Goberno Local, que se realizará no salón de plenos da Casa do Concello, será aberta a toda a veciñanza que queira acudir. O persoal do Concello será o encargado de notificarlle a cada persoa que saía elixida que forma parte dalgunha das mesas electorais.
Este proceso levarase a cabo de xeito aleatorio e para iso empregarase un sistema informático no que se meten todas as persoas censadas con dereito a voto que hai no municipio amesán e, de xeito automático, procederase ao sorteo para determinar os integrantes das mesas electorais.
Descargas:




