Pestanas principais

O PP de Ames esixe un plan urxente de seguridade ante a onda de altercados e okupacións en Bertamiráns

Xoves, 16 de xullo de 2026

O Grupo Municipal Popular do Concello de Ames presentou unha moción pola vía de urxencia debido ao incremento da inseguridade cidadá na localidade. A iniciativa xorde como resposta directa ás continuas queixas dos residentes de Bertamiráns. Os veciños denuncian unha deterioración da convivencia debido a okupacións ilegais, pelexas, ruídos e condutas incívicas.

A situación é especialmente preocupante na contorna da Travesía do Pedregal e noutras zonas do núcleo urbano. Os populares sinalan que o forte crecemento demográfico de Ames, o maior de Galicia, obriga a adaptar os recursos policiais de forma inmediata. A falta de medidas preventivas está a danar o desenvolvemento diario do comercio e da vida veciñal.

O PP de Ames reclama a adopción de cinco acordos clave no próximo Pleno, comezando pola convocatoria da Xunta de Seguridade, unha reunión urxente coa Garda Civil, Policía Local e administracións competentes. Ademais o PP solicita mais presenza policial e incremento de patrullas e vixilancia nos puntos negros de Bertamiráns. Entre as propostas populares figura a elaboración dun Plan Municipal de Seguridade e dunha estratexia de convivencia nun prazo máximo de tres meses. Ao que engade a instalación de cámaras e en referencia a este punto esixe un estudo para implantar un sistemas de videovixilancia en espazos públicos e accesos.

O PP pide un Plan antiokupación coa activación de medidas específicas contra a ocupación ilegal de inmobles e a creación de canles de comunicación permanentes coas asociacións de veciños afectadas.

O Grupo Popular subliña que a seguridade cidadá non debe ser unha arma de confrontación política. Por iso, instan ao Gobierno municipal a coordinar de forma eficaz as forzas policiais para devolver a tranquilidade ás rúas de Bertamiráns. O texto da moción trasladarase tamén á Delegación do Gobierno e á Comandancia da Garda Civil.