- Tematica
O Fútbol Club Meigas e mailo Concello de Ames organizan este mércores, 9 de setembro, ás 19.00 horas, no pavillón de Bertamiráns, un partido amigable de fútbol sala entre o Reyco Burela FS de 2º División e o Stellae Leis Pontevedra FS, que milita na 2º División B do fútbol sala nacional. Esta iniciativa xa se realizou noutras ocasións co obxectivo de promocionar o fútbol sala en Ames.
Este mércores, 9 de setembro, ás 19.00 horas, o pavillón de Bertamiráns acollerá un partido amigable entres dous dos mellores equipos galegos de fútbol sala masculino como son o Reyco Burela FS de 2º División e o Stellae Leis Pontevedra FS, que milita na 2º División B do fútsal nacional.
O encontro está organizado polo FC Meigas, en colaboración co Concello de Ames. Trátase dun evento que xa é habitual durante as pretempadas do fútbol sala galego masculino e que en anteriores anos gozou dunha gran acollida por parte da veciñanza de Ames.
Esta iniciativa xa se realizou noutras ocasións co obxectivo de promocionar o fútbol sala en Ames. Deste xeito, teñen participado equipos como o Noia Portus Apostoli e o Reyco Burela FS.
As entradas para desfrutar do partido poderanse reservar a través da ligazón entradas.fcmeigas.com.






